A Escola Infantil Agasalle leva a cabo unha metodoloxía activa baseada en instalacións artísticas. As súas instalacións están cheas de diversas experiencias co neno/a como protagonista. A nosa marca de identidade son ditas instalacións, construídas para ofrecer aos máis cativos distintas sensacións, sorpresas e emocións por medio dun elemento fundamental como é o xogo.
Agasalle, no seu afán de mellora e cun novo método de educar a través do camiño da natureza e os espazos combinados das instalacións artísticas, pretende acompañar a cada neno e nena cos seus diferentes ritmos de crecemento nas distintas aulas, axustando espazos, xoguetes e proxectos, e convertindo as mesmas aulas nunha contorna de enerxía, creatividade e liberdade de movemento.
Unha nova mirada onde proxectar ás novas xeracións ilusións, tempos de espera, ritmos de crecemento e experiencias creativas.