Imaxe Alt

Quen somos

  >  Quen somos

Escola Infantil Agasalle

Agasalle é unha escola infantil destinada á primeira infancia que presenta unha resposta educativa ás necesidades, non só dos coidados esenciais. Traballamos cun proxecto á base de instalacións artísticas e ambientes de aprendizaxe, que favorecen o crecemento dos rapaces

O noso compromiso comeza no ano 2012, para dar unha alternativa diferente e innovadora á etapa 0-3 anos en Santiago de Compostela.

Temos unha visión educativa que se basea nunha pedagoxía activa, centrada nuns piares fundamentais que son o xogo, a investigación, experimentación e o A aprendizaxe. Consideramos que, ao combinar estes catro conceptos, se acentúa o carácter activo de nenos e nenas no seu proceso de aprendizaxe. Tendo isto en conta, dámoslle importancia a certos ideais que para nós son parte esencial á hora de educar nas aulas.

Perseguimos a flexibilidade e a transparencia, o amor pola natureza e a reciclaxe. Incentivamos a música, a psicomotricidade, con seguranza e agarimo para a formación integral dos máis cativos. Consideramos a alimentación saudábel e equilibrada algo importante no día a día, parte dunha educación transversal.

Contamos cunha traxectoria profesional que se vén adaptando ás mudanzas sociais e educativas ao longo destes anos, tendo acadado un recoñecemento ao traballo e o esforzo do noso equipo.

A isto haille que sumar a nosa aposta por manter unha marca de identidade propia, amosando o ‘Proxecto Agasalle’ a través de libros e relatorios por toda Galicia.

Ir ao contido