Imaxe Alt

Proxecto Axente Corrente

  >  Proxecto Axente Corrente

“AXente Corrente”, céntrase esencialmente no tema da seguridade viaria, e, particularmente, no papel dos propios nenos e nenas e a particular relación que se establece entre eles e a cidade, e como a partir das súas propias experiencias se converten en “axentes” protagonistas da súa propia aprendizaxe.

O proxecto aXente Current plantéxase desde un diálogo na familia, coa escola e o concello para promover o intercambio de información e experiencia. Xerar materiais nos que, desde unha cultura positiva no ámbito da seguridade viaria, se comunican abertamente, con sinceridade e con precisión dos problemas viarios relacionados cos nenos e respostar a estes problemas con ferramentas como a que presentamos. Dentro deste plan, realizaranse actividades para aprender e reforzar os conceptos de educación viaria a partir dunhas unidades didácticas facilitadas aos centros educativos, e dotadas de maquetas para exercicios prácticos na aula. Como actividade lúdica de aprendizaxe tivo lugar en máis de trinta eventos musicais pedagóxicos nos centros da comunidade autónoma de Galicia, baseados no disco “Todos somos aXente Corrente” para asentar os contidos, obxectivos e habilidades acadadas nas tarefas das unidades didácticas.

Os rapaces aprenden co xogo, e a audición deste disco no ámbito familiar suscita o intercambio de experiencias, o diálogo e estimula a reflexión e o proceso do pensamento por parte do neno. Esta actividade trátase desde unha visión do proceso educativo, que ten como referentes pedagóxicos a educación emocional e en valores, centrada no desenvolvemento das pontencialidades e habilidades de nenos e nenas e, en particular, de cada unha das intelixencias múltiples que están presentes en cada un deles. Por todo isto, vemos imprescindíbel que todo este traballo desenvolvido na aula cos profesores teña unha continuidade nos fogares, e cada alumno participante dentro deste programa terá o seu propio disco “Todos somos aXente corrente”.

Película documental

Paso de peóns

Límite de velocidade

Ir ao contido